Bibliografía impresa

Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011)

Autoría
Nadina Bértolo Xosé Carlos Hidalgo Juan David Díaz Xoel Méndez
Editorial
Cineclube de Compostela
Ano de publicación
2011
Tipo de publicación
Libro
Descrición
No ano 2011, con motivo do décimo aniversario do Cineclube, querendo render homenaxe a toda a produción gráfica de cartaces coa edición do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011). Recóllense alí as creacións de Xoel Méndez, xunto ás de Juan David Díaz, Nadina Bértolo e X. Carlos Hidalgo. Este último, tendo o traballo máis duradeiro entre as deseñadoras do Cineclube, conseguiu crear unha estética propia para a asociación que fuxira, porén, de toda norma imaxinábel. Os nosos cartaces non teñen logo e poden variar de tamaño, de cores, de formato, de tipo de letra ou de deseñadora. No entanto, continúan a ser recoñecíbeis como cartaces do Cineclube.