Cartaces do Cineclube de Compostela (2011–2019)
- Editorial
- Cineclube de Compostela
- Ano de publicación
- 2019
- Disciplina
- Deseño gráfico
- Categoría
- Gráfica aplicada
- Tipo de publicación
- Catálogo de exposición
- Descrición
- Case oito anos despois do libro que reunía os cartaces dos primeiros dez anos do Cineclube de Compostela, o espazo expositivo Ciclón ofrece a posibilidade de explorar e recoller a súa produción gráfica nunha mostra de 100 pezas. O catálogo da exposición recolle todos os deseños posteriores a aquela primeira publicación, ademais dalgunhas variantes, descartes e modificacións que nunca viran a luz.