Logotipo Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
- Formato/tipoloxía
Castelao deseñou este logotipo para a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, unha agrupación que cofundou co propósito de contribuír, a través da música, á construción da cultura nacional galega.
O motivo central representa un músico medieval, inspirado na figura do rei David da fachada das Praterías da catedral de Santiago de Compostela. A tipografía, de inspiración epigráfica e trazo manual, enlaza coas investigacións de Castelao sobre as inscricións medievais das igrexas galegas e do Pórtico da Gloria, que reinterpretou desde unha linguaxe vangardista.
O resultado é un estilo coñecido como “letra galega”, convertida nun símbolo da identidade visual de Galicia e nunha das achegas máis duradeiras de Castelao ao deseño gráfico galego.
- Fonte
-
Debuxo: Museo de Pontevedra
Portada: Orixinal: Biblioteca de Galicia
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos
-
Debuxo: © Museo de Pontevedra
Portada: Public Domain Mark 1.0
Relacionados - Arquivo do deseño
Cabeceira “Galicia. Diario de Vigo”
Identidade Seminario de Estudos Galegos
Cuberta “Segundo libro de cousas”
Cartel “Para que remate esta vergonza vota o estatuto”
Relacionados - Recursos
The “Other” Typographic Models. The Case of Galician typography as identity assertion
- Natalia Crecente e Marcos Dopico
- 2018
Influencia del patrimonio en la identidad gráfica y tipográfica del Laboratorio de formas de Galicia.
- Marcos Dopico e Rebeca Ces
- 2020