Mesas Val do Barco
- Formato/tipoloxía
- Produción
- Sirvent
Val do Barco foi o froito dunha colaboración do deseñador Tomás Alonso con Sirvent Mobiliario Contemporáneo (Vigo). É unha serie de tres mesas que nacen do interese de traballar con materias primas galegas e producción galega, utilizando técnicas locais. O deseño rende homenaxe a Galicia a través dos materiais e a fabricación. O granito que serve de soporte provén de Gondomar (Pedragal Vincios) e o madeira de castiñeiro de Lalín. Son pezas traballadas a man, conservando un acabado natural. O proxecto busca evocar a tradición, exaltar os recursos naturais e loar a labor dos oficios especializados en Galicia.
O deseño, de volumes básicos, presenta o contraste da beleza natural da madeira e da pedra coa frialdade do aceiro, presente nos tubos coloreados que conectan as distintas partes. Estes tubos estabilizan a estrutura e facilitan a mobilidade das pesadas pezas de gratino. Estoca é o nome da mesa de comedor, Castelo é unha mesa auxiliar e Lagoas unha mesa de centro.
- Fonte
- Dereitos
-
© Tomás Alonso
Fotos © Manuel González Vicente
Relacionados - Arquivo do deseño
Mesa escritorio Cervigón
Mesa PYMA
Cadeira antropomórfica e mesa