Peitoral de Vieira
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 71 x 41 mm
- Materiais
- metal prata sobredourada prata
Variedade particular do ‘pendentif sequilé’ con grande orixinalidade e inédita tipoloxía. A forma de vieira presupón un vínculo co rococó, aínda que probablemente produciuse na época romántica. Con clara afirmación compostelá, debemos reparar na ampla variedade de elementos decorativos e o seu uso con diferente escala: catro tipos de margaridas, vieiras, puntas de diamante, lanzas e améndoas. É tamén innovador o tratamento técnico asociable aos modos rococós: o trato dos gallóns. as volutas e as rocallas, así como a incrustación floral. A estrutura compositiva tamén é anovadora, por tanto non xira en torno a un elemento central, que deixa de ser a referencia argumental para liderar a decoración desde unha xerarquía compartida. Non existe unha acumulación de motivos, senón que estes se distribúen conforme a masas asimétricas moi compensadas. Situamos este particular modelo nos comezos do s. XIX, baseándonos en que está punzoado, o que coincide coas ordenanzas destas datas que esixían estas formalidades.
Texto de Fernando Martínez Vilanova
- Fonte
- Dereitos
- Bibliografía:
- A ourivería tradicional en Galicia
Relacionados - Arquivo do deseño
Brincos de xirándole e cruceta
Brincos de raiña con crecente luar
Brincos de raiña ou morcego
Peitoral “sapo” maior de tres corpos
Relacionados - Recursos
Con-fío en Galicia
- Olivia Fernández Feijóo , Rocío Sánchez Ameijeiras , Elvira Lindoso Tato , Francisco Javier Rodríguez García , Manuel Rodríguez Calviño , Juan M. Monterroso Montero , Pepe Barro , Pegerto Saavedra Fernández , Belén Sáenz Chas , Raquel Casal García , Miguel Anxo Seixas Seoane , Nuria Carballo Taboada e Lola Dopico Aneiros
- 2016