Tapa de sumidoiro A Coruña
- Dimensións
- ø 50 cm
- Produción
- Wonenburger, S.A
- Material
- ferro
Tapa de sumidoiro de ferro da década de 1930, na que se pode ler “SANEAMIENTO” e “LA CORUÑA” nunha tipografía de inspiración Art Déco, propia da época na que se fabricou. Tamén figura —no bordo exterior—o nome WONENBURGER, rompendo os círculos concéntricos característicos dos deseños desta fundición. Estas tapas aínda se poden atopar na cidade vella de A Coruña.
- Dereitos
-
CC BY-NC-ND 3.0 ES
Fotografía: AR\DE
Relacionados - Arquivo do deseño
Caixas Amelia
Vaixela Ferrádica
Pratos Cráter, Horizonte, Volcán
Colección cerámica Cut & Fold
Paula Ojea
\
2015